Como son tempos de Nadal, a biblioteca propón unha actividade colaborativa para darlle forma á nosa árbore "Nadal Arte".
A actividade consiste en elaborar entre todos unha árbore de Nadal coas cores da diversidade.
Proposta a nivel de aula:
- Elaborar cada unha das letras do estilo artístico ( folio branco A4 horizontal). Recortalas para logo pegalas na árbore.
- Decorar dúas bolas de Nadal ( entregarase modelo) en relación co estilo artístico.
Faremos a árbore o luns 13 de novembro en horario gradual estimado:
- Infantil: 10.00 - 10.10h
- 1º2º EP: 10.15 -10.25h
- 3º EP: 10.30 - 10.40h
- 4ºEP: 10.45 - 10.55h
- 5º EP: 11.00 - 11.10h
- 6º EP: 11.15 - 11.25h
Ningún comentario:
Publicar un comentario