venres, 25 de febreiro de 2022

GOYA, UN GRAN PINTOR

Noemí e Noa, de forma voluntaria, prepararon unha presentación sobre Goya que compartiron na aula cos seus compañeiros e compañeiras de 6º E.P. 

"EntroidArte"

No noso colexio, celebramos o Entroido na semana do 21 ao 25 de febreiro, seguindo as indicacións do Meco.

A consigna do venres estaba relacionada PDI deste curso.

O equipo de biblioteca en colaboración co EAE e EDLG propuxo a actividade "EntroidArte": elaborar un mural con cadros representados polo alumnado.

Cada titoría escolleu un cadro do seu estilo artístico con moitos personaxes e representouno o alumnado.

Participou todo o alumnado do centro creando verdadeiras obras de arte.

4º5º INFANTIL

6º INFANTIL

1º2º E.P.

3º E.P.
4º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
Elaborando o mural...
Aquí tedes o resultado da actividade.

AS CORES DE ROSALÍA

Para a celebración do Día de Rosalía ( 23 de febreiro), a biblioteca propuxo unha actividade relacionada co PDI titulada "As cores de Rosalía".  Premendo AQUÍ, accederedes á proposta.

Participou na actividade todo o alumnado de Infantil e Primaria. 

Para ver a actividade, fai clic nas imaxes.

4º-5º INFANTIL

6º INFANTIL
1º2º E.P.
3º E.P.
4º E.P.
5º E.P
6º E.P.
Con todas as estrofas elaboramos un mural colaborativo que titulamos "AS CORES DE ROSALÍA"

mércores, 23 de febreiro de 2022

CELEBRANDO A ROSALÍA CON MON LENDOIRO

O mércores 23 de febreiro, día de Rosalía, o alumnado de 6º E.P. lendo a prensa, buscou algunha noticia que estivera relacionada coa poeta e atopou un titular que falaba sobre esta celebración a través dun pintor carballés chamado Mon Lendoiro.

Tamén deron coa caricatura de Goya elaborando unha das súas obras. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

venres, 11 de febreiro de 2022

"MÁIS ALÓ DO QUE VEN OS NOSOS OLLOS, QUE NOS CONTA A PINTURA?"

O venres, 11 de febreiro, o alumnado de 6º E.P. do CEIP "Os Muíños" recibiu unha conferencia sobre a pintura do Romanticismo da man de Iria Haz Picallo, graduada en Historia da Arte pola USC e cun máster en Estudos Medievais Europeos. 

Foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado. Estiveron moi atentos ás explicacións de Iria. Ao remate da conferencia fixéronlle moitas preguntas.

Anunciamos...

mércores, 2 de febreiro de 2022

UNHA PINTORA DE MUXÍA: VIKI RIBADULLA

O alumnado de 6º E.P. lendo a prensa o mércores, 2 de febreiro atoparon unha noticia sobre Viki Ribadulla que ademais de estar relacionada co proxecto deste ano é veciña de Muxía e todo o alumnado de 6º que vive na vila coñécea. 



Premendo na imaxe, accederás á actividade.