martes, 21 de decembro de 2021

FESTIVAL VIRTUAL " E TI QUE PINTAS?"

O martes 21 de decembro demos remate ao 1º trimestre co festival de Nadal virtual no que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. Esta actividade, proposta pola Biblioteca en colaboración co EAE e ENLG, está relacionada o Proxecto Documental Integrado polo que o tema principal é a Pintura baixo o lema "E ti que pintas?".

Cada curso fixo unha actividade relacionada co estilo artístico escollido.

O festival leva o nome "E ti que pintas?" e preséntao o alumnado do Voluntariado de 5º EP baixo a coordinación de Paco, o seu titor. 

Comeza este festival cos máis pequenos do cole, 4º5º Infantil, que son os "Nenos pintores"

Non pode haber un Nadal sen que soen as panxoliñas. E aquí temos a 6º Infantil que presenta "Mis manitas divertidas"

Aí van 1º2º E.P. coa  súa obra "Nacemento no Renacemento"

Estes son os de 3º E.P. que nos traen unha canción que ten como fermoso título o  "Baile das emocións"

  Os de 4º E.P. deléitannos cunha obra de teatro que titulan 

"Viva o Barroco"  

Os de 5º E.P. fan un documental con "Muralismo e Graffiti"como tema principal.

Veñen os de 6º E.P. que traen   "Maxia radiofónica no Nadal"e ata parece que cantan... 

E chegamos ao remate. 

Despide o festival o Voluntariado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario