O alumnado de 5º E.P., na materia de Inglés, coa mestra Paula, traballando o tema das descricións físicas e da personalidade, coñeceron diferentes pintores e correntes artísticas.
Primeiro realizouse unha chuvia de ideas para comprobar os coñecementos previos do alumnado facendo a pregunta: "What can you see in an art gallery? ( Que podes ver nunha galería de arte?"
A continuación escoitaron e leron diferentes textos sobre autorretratos de pintores famosos relacionando os textos coas imaxes correspondentes.
Finalmente corrixiron a actividade a través da pizarra dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario