En homenaxe ao artista Gervasio Sar (1958/2020), veciño de Muxía, no mes de outubro houbo unha exposición de cadros no salón de actos do voluntariado da Camposa e desenvolvéronse outras actividades complementarias como a exposición das obras do pintor nos accesos aos albergues, bares e restaurantes do pobo.
Aproveitando a ocasión, Karen, Natalia, Inés e Iván, alumnado de 6º EP, tiveron a iniciativa de facer un traballo colaborativo sobre a vida e obra do pintor muxián.
Xuntáronse varios días para visitar a exposición e facer un percorrido polos bares e restaurantes sacando fotos e vídeos das diferentes obras do artista. Con toda a información recollida fixeron, na aula, unha presentación da vida e obra de Gervasio Sar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario