venres, 29 de outubro de 2021

PINTAMOS DE MEDO!

Polo Samaín, a Biblioteca, en colaboración cos equipo de Extraescolares e Normalización Lingüística propuxo unha actividade relacionada co PDI titulada "PINTAMOS DE MEDO" que consistía en buscar información sobre cadros de medo dos estilos artísticos do proxecto e facer cadansúa versión segundo un modelo entregado.

Aquí tedes o resultado!
Premendo nos cadros, accederás ás fotos do traballo realizado en cada un dos estilos artísticos.
4º5º Infantil
6º Infantil
1º2º E.P.
3º E.P.
4º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
E chegou o momento de elaborar o mural ( xoves 28, en horario gradual).

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "FAMILIAS PINTORAS, CABAZAS DECORAN"

O 29 de outubro entregáronse os premios do concurso de cabazas "Familias pintoras, cabazas decoran". A actividade desenvolveuse nas aulas, na "Hora de Ler". A coordinadora da biblioteca entregou un diploma por curso. 


Aquí tedes as cabazas gañadoras.

EXPOSICIÓN "FAMILIAS PINTORAS, CABAZAS DECORAN"

O xoves 28, en horario gradual, os nenos e nenas de Infantil e Primaria montaron a exposición con cadansúas cabazas.

O día da celebración, o venres 29, tamén en horario gradual, todo o alumnado desfrutou da exposición de cabazas. 

mércores, 27 de outubro de 2021

"FAMILIAS PINTORAS, CABAZAS DECORAN"

Participaron no concurso "Familias pintoras, cabazas decoran" 44 familias que, coma sempre, enviaron verdadeiras obras de arte. A calidade e a orixinalidade foi moi elevada. 

Aquí tedes a proba:

A entrega de premios ( un diploma por curso) será nas aulas, o venres 29 na "Hora de Ler". 

SORTE!

APRENDENDO COA PRENSA

O mércores 27 de outubro, o alumnado de 6º EP  atopou unha  nova na prensa que trataba sobre unha exposición de pintura. 

Se queres ver a actividade fai clic na imaxe.

venres, 22 de outubro de 2021

CONCURSO DE CABAZAS

Todos os anos, polo Samaín, convócase un concurso de cabazas relacionado co Proxecto Documental Integrado no que participan as familias.

O EAE, en colaboración coa Biblioteca e o ENDL prepararon a zona de exposición coa axuda das mestras Olalla, Raquel e Paula. 

Se queres ver as fotos, preme na imaxe.


CHUVIA DE IDEAS

No horario de 6º E.P. teñen unha hora semanal de libre configuración que dedican a diferentes cuestións en función das necesidades do alumnado e ao PDI "E ti que pintas". 


Aquí tedes unha actividade que fixeron o 22 de outubro sobre as 
CARACTERÍSTICAS DA PINTURA GÓTICA. 

martes, 19 de outubro de 2021

PRENSA - ESCOLA - PINTURA

O alumnado de 6º E.P. continúa este curso no Programa "Prensa- escola" promovido pola Voz de Galicia.

O 20 de outubro recibiron os primeiros exemplares e centráronse na lectura dunha noticia relacionada coa "Pintura"

Se queres botarlle unha ollada, preme na imaxe.

venres, 15 de outubro de 2021

OBSERVANDO E APRENDENDO

Aquí temos ao alumnado de 6º botando man do PDI para traballar a atención e a escoita activa ao tempo que aprenden a seleccionar a información.

Premendo na imaxe, accederás a actividade.

venres, 8 de outubro de 2021

DECORANDO...

Aquí temos ao alumnado de 6º E.P. familiarizándose co tema da "Pintura".

Premendo na imaxe accederás á actividade.

NOVIDADES!

Premendo na imaxe accederás ás novidades relacionadas co proxecto.


Estes libros están á vosa disposición na biblioteca. 

mércores, 6 de outubro de 2021

GERVASIO SAR E DANDO TODO

En homenaxe ao artista Gervasio Sar (1958/2020), veciño de Muxía, no mes de outubro houbo unha exposición de cadros no salón de actos do voluntariado da Camposa e desenvolvéronse outras actividades complementarias como a exposición das obras do pintor nos accesos aos albergues, bares e restaurantes do pobo. 



Aproveitando a ocasión, Karen, Natalia, Inés e Iván, alumnado de 6º EP, tiveron a iniciativa de facer un traballo colaborativo sobre a vida e obra do pintor muxián. 

Xuntáronse varios días para visitar a exposición e facer un percorrido polos bares e restaurantes sacando fotos e vídeos das diferentes obras do artista. Con toda a información recollida fixeron, na aula, unha presentación da vida e obra de Gervasio Sar.

martes, 5 de outubro de 2021

AQUÍ PINTAMOS TODOS!

O alumnado de 5º E.P. na sesión de Plástica, coa mestra Paula, fixeron unha actividade de debuxo cooperativo que titularon "Aquí pintamos todos!". 

Trátase dunha actividade grupal na que o alumnado realizou debuxos de temática libre a través dun sistema de rotación en períodos curtos de tempo ( minuto e medio).

luns, 4 de outubro de 2021

E TI QUE PINTAS?

O Proxecto Documental Integrado ( PDI) deste curso é ARTE- PINTURA, baixo o lema "E TI QUE PINTAS?". Coordínase desde a Biblioteca escolar e participa a totalidade do alumnado e mestres, así como os equipos docentes e familias. 

O PDI pronponse desde a biblioteca para que nas aulas se leven a cabo proxectos de investigación sobre estilos artísticos.


Este é o resultado. Premendo na imaxe accederás ao esquema de actividades 1º trimestre.