martes, 26 de abril de 2022

A OBRA DE LAXEIRO

Na prensa do mércores 27 de abril, o alumnado de 6º E.P atopou un titular relacionado co PDI. Desta vez facía referencia a LAXEIRO, un coñecido pintor galego do século XX.

Premendo na imaxe, accederás a actividade.

domingo, 24 de abril de 2022

"A MAXIA DA ILUSTRACIÓN" (LAURA SUÁREZ)

A ilustradora, Laura Suárez, a través da ANPA, na presentación do libro "Monte Pindo" envíanos como agasallo un vídeo e un exemplar para a nosa biblioteca. 
Neste vídeo, a ilustradora, manda unha mensaxe ao alumnado do CEIP "Os Muíños" para animalos a que nunca deixen de experimentar no mundo artístico.

xoves, 21 de abril de 2022

"PINTANDO LECTURAS" ( CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO)

Celebramos o Día Internacional do Libro o venres 22 de abril no vestíbulo do colexio cun maratón de lectura no que participou alumnado de 1º a 6º E.P., mestres e persoal non docente. 

As lecturas protagonistas foron: "Soy un artista" ( 1º2º E.P.); "El lobo y el misterio del museo"( 3º- 4º E.P.); "Un topo en el Antiguo Egipto" ( 5º- 6º E.P.).
Para ver o programa de actividades, preme na imaxe.
4º E.P. le, 3º escoita  ( 10:30 - 10:45h)
5º E.P. le, 4º escoita ( 10:50 - 11:05h)
Aurelia, Susana e Jorge len, 1º2º E.P. escoita
 ( 11:10 - 11:20h)
3º E.P. le, 4º escoita ( 11:25 - 11:40h)
Carmen, Olalla e Mari len, 6º I.  escoita ( 12:15 - 12:25h)
Pablo, Carlota e Ana len, 4º5º Infantil escoita ( 12:30 - 12:40h)
6º E.P. le, 5º escoita ( 14:55 - 15:10h)
1º2º E.P. len, 6º escoita ( 15:15 - 15:30h)
O noso agradecemento a todos e todas que fixéchedes que isto fora posible.

venres, 8 de abril de 2022

ESCORNABOTS NO BARROCO

O alumnado de 4º E.P. deseñou e creou un taboleiro para os Esocrnabots, estilo artístico escollido para traballar este curso no PDI " E ti que pintas?"

Para ver a actividade, preme na imaxe.👍

FESTIVAL VIRTUAL DE POESÍA "PINTAMOS VERSOS"

O venres 8 de abril demos remate ao 2º trimestre co Festival virtual de Poesía "Pintamos versos"no que participou todo o alumnado de Infantil a Primaria recitando poemas de creación propia relacionados con cadanseu estilo artístico.
Presenta o festival o Voluntariado de 5º E.P. baixo a coordinación do seu titor Paco. O noso agradecemento ao alumnado e ao seu titor por todo o que hai detrás. 
Inicia o festival o Voluntariado facendo unha investigación sobre a poesía en Muxía. 
"MARUJA" ( 4º5º Infantil)
"PINTORES CUBISTAS" ( 6º Infantil)
"QUE MOMENTO O RENACEMENTO!" ( 1º2º E.P.)
"DIVEREXPRESIÓN" ( 3º E.P.)
"VIVA O BARROCO" ( 4º E.P.)
"PRESENTANDO, RECITANDO" ( 5º E.P.)
"PINTORES DO ROMANTICISMO" ( 6º E.P.)

xoves, 7 de abril de 2022

PINTAMOS VERSOS

Aquí están os poemas do "Festival de Poesía" escritos e ilustrados polo alumnado. 

4º5º Infantil


6º Infantil
3º E.P.

4º E.P.

6º E.P.