xoves, 24 de marzo de 2022

CUESTIÓNS DE PERSPECTIVA. ESPELLOS, REFLEXOS E SERFIES NO BARROCO

O xoves 24 de marzo, Iria Haz Picallo, historiadora da arte, estivo no noso colexio, na aula de 4º E.P. para dar unha conferencia sobre o estilo artístico que están traballando este curso, o Barroco, titulada "CUESTIÓNS DE PERSPECTIVA. ESPELLOS, REFLEXOS E SELFIES NO BARROCO".

A exposición estivo centrada en tres cuadros do Barroco. 
Aquí tedes o que Iria nos conta de cada un dos cadros. 

"La familia de Felipe IV"( Diego Velázquez)

"la venus del espejo"( Diego Velázquez)

"Narciso" (Caravaggio)

Unha vez rematada a exposición, chegou o momento das preguntas.

En nome do grupo de 4º E.P. e a súa titora,

mércores, 23 de marzo de 2022

CANTO PAGARÍAS POR UN CADRO?

O mércores 23 de marzo, o alumnado de 6º E.P., inscrito no programa "Prensa - escola", leu unha reportaxe na sección "La voz de la escuela" titulada "Canto pagarías por un cadro?"

Comezaron facendo unha lectura compartida e atoparon nela, pintores moi soados coma Velázquez, Goya, Picasso; Museos dos que xa falaran, como "O Prado"; e algunha obra coñecida como "Os fusilamentos do 3 de maio" de Goya

Para acceder á actividade, preme na imaxe. 

martes, 8 de marzo de 2022

PintorAs

No CEIP "Os Muíños" celebramos o 8 de marzo de 2.022, Día Internacional da Muller, a través da arte, rendindo homenaxe a 9 mulleres, a 9 artistas que desenvolveron o seu talento no mundo da pintura. 

A actividade, proposta polo equipo de biblioteca, titúlase "PintorAs". Participou todo o alumnado, de Infantil a 6º E.P. contando, a través dun vídeo, a vida de 9 pintoras que calquera debería coñecer.

Deixámosvos con elas.

4º-5º Infantil: Maruja Mallo ( Surrealismo)

6º Infantil: María Blanchard ( Cubismo)

1º-2º E.P.: Levina Teerlinc, Lavinia Fontana, Sofonisba Anguissola ( Renacemento)

3º E.P.: Paula Modersohn ( Expresionismo)

4º E.P.: Artemisia Gentileschi ( Barroco)

5º E.P.: Sara Fratini ( Muralismo)

6º E.P.: Rosario Weiss ( Romanticismo)