mércores, 19 de xaneiro de 2022

HOXE VAI...DE PINTORES!

O alumnado de 6º E.P. lendo o xornal do 19 de xaneiro atoparon dúas noticias que estaban relacionadas co PDI deste curso "E ti que pintas?"

Esta foi a primeira noticia que leron: 

Despois dunha lectura en voz alta e por quendas, buscaron a información esencial(entidade organizadora da exposición, lugar e datas, contido da exposición...).

A continuación destacaron os nomes dos pintores e pintoras, algúns xa eran coñecidos, como Picasso e Dalí. A partir de aquí comezaron unha tarefa de investigación por parellas: debían buscar información sobre o pintor ou pintora que lles asignara a mestra e seleccionar a máis relevante. 

Para finalizar expuxeron oralmente a información. 

Segunda notica:

Finalizada a lectura buscaron o contexto da noticia facendo un breve resumo do seu contido e investigaron en internet.

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

domingo, 16 de xaneiro de 2022

ASÍ SON EU!

O alumnado de 4º E.P. traballaron en Ed. Artística Plástica o autoconcepto "Así son eu!" para coñecerse a si mesmos. 

luns, 10 de xaneiro de 2022

PROCESAMENTO DA INFORMACIÓN ( PROPOSTAS 2º T.)

O proxecto estrutúrase por trimestre en base aos eventos e conmemoracións. Nas diferentes datas a celebrar en común, a biblioteca achegará propostas ofrecendo o apoio ( recursos, materiais, asesoramento...) que mestres e alumnado precisen para o desenvolvemento do seu traballo. É moi importante deixar constancia de todo o que fagamos, a través de fotos, vídeos...tanto a nivel de titoría coma de centro. 
Preme AQUÍ para ver as propostas do 2º trimestre.