O alumnado de 3º e 4º E.P., visitou o pasado 15 de xuño o "Museo Man ( Mar, Arte e Natureza)" de Camelle.
Saíron do colexio sobre ás 10 de mañá, en autobús, con moita ilusión por coñecer a vida e obra de Manfred Gnadinger, pintor e escultor ermitán, coñecido como "O alemán de Camelle".
Aquí están frente ao museo onde hai unha escultura dedicada a Man. O deseño e elaboración corresponden a Francisco Castro, da Escola de Canteiros de Pontevedra.
A obra titúlase "Man se queda de piedra".
E aquí, diante da réplica do que foi a casa de Man, deseñada polo arquitecto Juán Creus Andrade e pola arquitecta Covadonga Carrasco López.
A primeira actividade consistiu en visitar o museo. Primeiro escoitaron a Verónica, a encargada, que fixo unha breve reseña da vida e obra do artista.
A continuación desfrutaron do museo vendo os cadros, debuxos, fotografías, cadernos, libretas e pequenas esculturas que realizou Man ao longo da súa vida ata a súa morte no ano 2002.
Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade.
A segunda actividade que realizaron foi a visita á casa onde Man viviu e o orixinal museo ao aire libre creado polo artista. O seu paraíso de fantasía e soedade, o lugar que lle deu paz interior e vida á sua obra.
Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade.